xoves, 25 de abril de 2024

 DÍA DA MULLER

Este ano, para conmemorar o día da muller os nenos e nenas do cole investigaron sobre as mulleres as que se lles adican algunhas rúas en Ourense.


Así aprendemos máis sobre elas e elaboramos uns vídeos e con eles uns códigos QR que vamos poñendo nas rúas. 


Aquí vos deixamos os nosos traballos!


Emilia Pardo Bazán


Concepción Arenal


Pura Vázquez Iglesias


Federica Montseny


Clara Campoamor



Marie Curie



mércores, 28 de febreiro de 2024

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: 23 DE FEBREIRO

Celebramos o día de Rosalía de Castro.

Os padriños e madriñas lectores do cole axudaron aos seus afillados e afilladas a realizar uns carteis cuns poemas de Rosalía.

Así de bonitos nos quedaron:






mércores, 21 de febreiro de 2024

 ATLETISMO: XOGADE

O alumnado de 3º de primaria participou nunha xornada de atletismo fantástica e con moi bo ambiente. 

Pasáronno xenial ...







 SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Hoxe realizamos un simulacro de evacuación no cole ... todo transcurriu con éxito.

Aos poucos minutos estabamos todos no punto de encontro...









xoves, 15 de febreiro de 2024

 CARREIRA SOLIDARIA:

Á VOLTA AO COLE

Hoxe para conmemorar o día internacional da leucemia infantil, queremos unha vez máis sumarnos a esta iniciativa:

https://www.lavueltaalcole.com

Celebramos así a Nosa Carreira solidaria , que por mor do mal tempo transcurriu no interior, pero eso sí, igual de emocionante e divertida: