venres, 27 de outubro de 2023

Un día en Santiago

 UN DÍA EN SANTIAGO

O 26 de Outubro, un día chuvioso, fixemos unha excursión a Santiago de Compostela, a capital da nosa comunidade autónoma.













As 8:20 tiñamos que estar no colexio, e as 8:30 saímos a Santiago!

No autobús estivemos cantando alegremente cancións para pasar o tempo. Cando acabamos a viaxe da ida, fomos a un museo a facer moitas actividades e... vimos cousas moi alucinantes!

Ao chegar ao museo fixemos dous grupos, e cada un foi por un lado. Os dous grupos fixemos as mesmas actividades pero en distinta orde, unha actividade que tiñamos que descubrir un animal seguindo as descricións que daba unha tableta.

Noutra actividade que estivemos explicáronnos sobre animais que había nunha sala, entre eles había un leonciño que morrera cuns días de vida. Neste museo vimos moitos animais disecados nun pequeno hábitat que crearon os traballadores de alí.

Subimos unha planta e había máis animais disecados en distintos hábitats,  incluso tiñan un caimán colgando do teito!

Vimos o ecosistema dunha fraga (raposos, lobos, coellos, mouchos...) e outro do mar con animais mariños e algas entre os que había unha tartaruga laúd que é enorme. Tamén no mundo mariño nos mostraron unha colección de cunchas exóticas que non coñecíamos, pero eran marabillosas. Tamén nos ensinaron as tres distintas cores que poden ter as algas mariñas, que son: a cor verde, a cor parda, ou a cor vermella. Comentáronnos que as algas pardas eran as máis abundantes en Galicia.

Na planta de enriba, tamén había unha colección de rochas enorme e entramos nunha simulación dunha mina, que tiña moitos minerais e cristais atopados en distintos sitios do mundo. Ademais nos mostraron unha caixa forte nunha área pequena con moitas pedras preciosas do mundo!

Logo, fomos á cidade da cultura para comer. Un dato moi importante que podemos dicir é que esta cidade ten no tellado unhas baldosas que representan o casco vello de Santiago. Atópase cerca da cidade e é moi extensa. Deixáronnos un tempo libres por alí, e xogamos moito. Todos subimos a unha grande e empinada costa de pedra, e os profesores recordáronnos que era unha costa perigosa.

Despois, fomos a un parque onde había zonas para escalar e un tobogán moi grande e largo. O tobogán estaba mollado, polo que moitos nenos ao tirarse nel, acabaron co cu mollado!

Logo, os profesores leváronnos ata un dos edificios da cidade da cultura. Alí tivemos unha charla sobre ciberseguridade e os perigos na Internet. Había tres homes: un daba a charla debuxando, outro tocaba o ukelele e cantaba e o outro levaba o peso da charla falando. Faláronnos sobre os grandes perigos que nós podemos atopar ao ser tan pequenos e ter tanta confianza na Internet.

 

Cando chegamos alegrámonos moito de ver ás nosas familias.

 

Pasámolo moi ben, tanto os profesores coma o alumnado.

 

Martín, Quela, Gael Cid, Enzo, Muma, Roque Garrido, Roque Dario, Gael Pérez, Valentino

Ningún comentario:

Publicar un comentario