venres, 31 de maio de 2024

ERASMUS 5º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º de primaria desprazouse á localidade de Ponte da Lima, na que compartiron dous días: 21 e 22 de maio do 2024 co centro educativo As Lagoas.

Así o viviron:






venres, 17 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024


Celebramos as Letras Galegas no CEIP Mestre Vide este 2024 coa visita do coro da Inmaculada con actuacións compartidas que estiveron así de ben: 



O día 16 de maio, o alumnado de 3º, 4º e 5º participamos, xunto con outros colexios de Ourense, na celebración organizada polo Concello na Praza Maior.




Queremos agradecer a colaboración dos profesores de música: 

Alex e Víctor.

Os nenos e nenas de infantil aprenderon estas fermosas palabras en galego:




Nas aulas traballamos a figura homenaxeada este ano: Luisa Villalta







xoves, 16 de maio de 2024

 CORRELINGUA 2024

Participamos no Correlingua, actividade que se realizou primeramente na Plaza Maior e rematou no Auditorio.

Este ano o lema foi “Dende aquí até acolá, galego xa”




Na Plaza Maior houbo xogos populares e un concurso de pancartas.

No auditorio bailamos e brincamos con actuación do grupo A Mekánika Rollin Band.



luns, 13 de maio de 2024

 ERASMUS JOBSHADOWING

VISITA DO COLEXIO: MEDIHA MAHMUTBEY SECONDARY SCHOOL DE IZMIR (ESMIRNA)

Na semana do 6 ao 10 de maio visitáronnos o alumnado e profesorado do colexio de Turquía.

Realizaron distintas actividades xunto co noso alumnado de 6º para dar a coñecer tanto o noso traballo no centro coma a nosa cidade así como a recepción no Concello e a visita ao instituto das Lagoas.