venres, 30 de decembro de 2022

CALENDARIO DO 2023

Realizamos un calendario no que participaron todo o alumnado do centro. 

(Facede clic na foto)



venres, 23 de decembro de 2022

 UN NADAL DE PELÍCULA

Seguindo con actividades relacionadas co noso proxecto sobre o cine, este ano felicitamos o Nadal con películas relacionadas con esta época.
Esperamos que vos guste...



xoves, 22 de decembro de 2022

 POSTAIS GAÑADORAS E FINALISTAS

Aquí tedes as postais gañadoras e finalistas do noso concurso de Nadal:

Fantásticas todas!
 Gran traballo rapaces!






 RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Para que durante este Nadal non nos falten as lecturas, recordade incluír nas vosas cartas algún libro.
Dende aquí vos axudamos, con estas recomendacións:




mércores, 21 de decembro de 2022

 Apadriñamento:

Os maiores do cole durante estes días andan moi atarefados xa que lles están axudando aos pequenos a escribir a carta para os 
Reis Magos.

Gustounos moito a actividade a todos e todas!!!!





martes, 6 de decembro de 2022

 NOS VISITA SIMÓN VÁZQUEZ

Visitounos Simón Vázquez, director, actor, escritor.... e sobre todo o artífice da realización da película: 

Las brujas de E´Lente

película enteramente rodada en Ourense con moi poucos recursos e que chegou ao Festival de Cine.
Simón contounos a súa odisea para poder realizar esta película e como foi todo o proceso ata a súa conclusión.
Unha charla moi motivante para os alumnos de 5º e 6º que estiveron moi atentos 



Podedes ler a noticia nos principais diarios clicando nas fotos: