luns, 30 de outubro de 2023

 JOB SHADOWING

Durante esta semana estiveron de visita no noso centro unhas profesoras polacas facendo un Job shadowing.
Visitaron o centro e as clases e tamén estiveron de visita cos alumnos de 6º en Santiago de Compostela.




sábado, 28 de outubro de 2023

 25 ANIVERSARIO DO CLUB MESTRE VIDE

Celebramos o 25 aniversario do Club Mestre Vide nestes días.

 Seguimos apostando polo deporte!



 

venres, 27 de outubro de 2023

Un día en Santiago

 UN DÍA EN SANTIAGO

O 26 de Outubro, un día chuvioso, fixemos unha excursión a Santiago de Compostela, a capital da nosa comunidade autónoma.













As 8:20 tiñamos que estar no colexio, e as 8:30 saímos a Santiago!

No autobús estivemos cantando alegremente cancións para pasar o tempo. Cando acabamos a viaxe da ida, fomos a un museo a facer moitas actividades e... vimos cousas moi alucinantes!

Ao chegar ao museo fixemos dous grupos, e cada un foi por un lado. Os dous grupos fixemos as mesmas actividades pero en distinta orde, unha actividade que tiñamos que descubrir un animal seguindo as descricións que daba unha tableta.

Noutra actividade que estivemos explicáronnos sobre animais que había nunha sala, entre eles había un leonciño que morrera cuns días de vida. Neste museo vimos moitos animais disecados nun pequeno hábitat que crearon os traballadores de alí.

Subimos unha planta e había máis animais disecados en distintos hábitats,  incluso tiñan un caimán colgando do teito!

Vimos o ecosistema dunha fraga (raposos, lobos, coellos, mouchos...) e outro do mar con animais mariños e algas entre os que había unha tartaruga laúd que é enorme. Tamén no mundo mariño nos mostraron unha colección de cunchas exóticas que non coñecíamos, pero eran marabillosas. Tamén nos ensinaron as tres distintas cores que poden ter as algas mariñas, que son: a cor verde, a cor parda, ou a cor vermella. Comentáronnos que as algas pardas eran as máis abundantes en Galicia.

Na planta de enriba, tamén había unha colección de rochas enorme e entramos nunha simulación dunha mina, que tiña moitos minerais e cristais atopados en distintos sitios do mundo. Ademais nos mostraron unha caixa forte nunha área pequena con moitas pedras preciosas do mundo!

Logo, fomos á cidade da cultura para comer. Un dato moi importante que podemos dicir é que esta cidade ten no tellado unhas baldosas que representan o casco vello de Santiago. Atópase cerca da cidade e é moi extensa. Deixáronnos un tempo libres por alí, e xogamos moito. Todos subimos a unha grande e empinada costa de pedra, e os profesores recordáronnos que era unha costa perigosa.

Despois, fomos a un parque onde había zonas para escalar e un tobogán moi grande e largo. O tobogán estaba mollado, polo que moitos nenos ao tirarse nel, acabaron co cu mollado!

Logo, os profesores leváronnos ata un dos edificios da cidade da cultura. Alí tivemos unha charla sobre ciberseguridade e os perigos na Internet. Había tres homes: un daba a charla debuxando, outro tocaba o ukelele e cantaba e o outro levaba o peso da charla falando. Faláronnos sobre os grandes perigos que nós podemos atopar ao ser tan pequenos e ter tanta confianza na Internet.

 

Cando chegamos alegrámonos moito de ver ás nosas familias.

 

Pasámolo moi ben, tanto os profesores coma o alumnado.

 

Martín, Quela, Gael Cid, Enzo, Muma, Roque Garrido, Roque Dario, Gael Pérez, Valentino

xoves, 26 de outubro de 2023

 POLICÍA COS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL

A policía explicoulles aos nenos e nenas de infantil como deben actuar se se perden ou pensan que están en perigo, así como o seu uniforme e o número de teléfono 112. Tamén que é mói importante que se aprendan o teléfono dos seus pais.






 POLICÍA COS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º

Hoxe visitáronnos dúas policías aos nenos e nenas de 1º de primaria. Entre outras cousas explicáronnos:



    • Número de teléfono 112, importante por si pasa algo grave
    • Accesorios que utiliza a policía
    • Como deben actuar se se perden ou alguén descoñecido se acerca a eles
    • Contáronlles un conto sobre os segredos, os que se deben dicir sobre todo aos profes, policía, papás...









martes, 24 de outubro de 2023

 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das bibliotecas.

Para esto no cole os nenos e nenas de 1º  de primaria baixaron á nosa biblioteca.

A partir de agora poderán ir nos recreos á biblioteca así que aprenderon as normas de biblioteca, escoitaron un conto, aprenderon o funcionamento da nosa biblioteca e como están organizados os libros, e finalmente xogamos .

Foi un día moi divertido!

Limos o conto de "Monstruo rosa"





Aprendemos unha palabra nova. "Tejuelo", e para que serve. Así sabemos por que os nosos libros teñen esas cores .







Tamén xogamos cun Kahoot a verdadeiro e falso:







Se queredes volver a xogar aquí tedes o kahoot:



xoves, 19 de outubro de 2023

 CIBERSEGURIDADE NO COLE

 Os alumnos e alumnas de 5º e 6º participaron no concurso de 

Ciberseguridade no cole



COMEZAMOS O HALLOWEEN / SAMAÍN

No cole xa comezamos a prepararnos para a festa de Samaín e Halloween...




E para que vaiades quentando motores... propoñémosvos uns concursos:






luns, 9 de outubro de 2023

AXUDANTES DE BIBLIOTECA: CURSO 2023-24

Xa temos novos axudantes para este curso!

Hoxe firmaron o seu contrato anual e xa comezarán a traballar para mellorar a nosa Biblioteca.

Moito ánimo a todos/as!!






mércores, 4 de outubro de 2023

 OUFF 2023

O alumnado de 3º, 4º e 5º acudiu ao Auditorio a ver a película "Una aventura gigante", dentro das actividades organizadas polo Concello no Certame Internacional de Cinema escolar OUFF Escola.

Pasárono xenial e gustou moito a película