venres, 31 de marzo de 2023

 MULLERES CIENTÍFICAS

Hoxe tivemos a visita de Patri e Rosi, científicas da Universidade de Ourense.
Fixéronnos varios experimentos, entre eles unha lámpada de lava, experimentos con cores de xeito que a auga camiña dun vaso cheo a outro baleiro. Experimentos con cores con lombarda. Profundizamos sobre o que ten o fiambre e o xamón cocido.











venres, 24 de marzo de 2023

 MULLERES CIENTÍFICAS

Clara, mamá de Nora de 6º de infantil B, acompañada do seu pai realizounos varios experimentos moi divertidos.
Para ver cores escondidos en rotuladores e outro de ácidos básicos. Os nenos e nenas chamoulles moito a atención a cor que aparecía en cada disolución.
Moitas grazas!











venres, 17 de marzo de 2023

 MULLERES CIENTÍFICAS

Rebeca, nai de Nicolás de 4ºA, muller científica que traballa para a universidade nun laboratorio de investigación, nos explicou moi ben como era o seu traballo, os instrumentos que necesitaba e o lugar onde traballaba. Tamén nos deixou tocar e probar moitos experimentos.






 ENCONTROS CO AUTOR: LOIS PÉREZ



Hoxe tivemos a visita de Lois Pérez, o autor entre outros do libro "A gruta da torre". 
Primeiramente presentouse pero rápido lles deu protagonismo aos nenos e nenas ,que lle poideron preguntar o que quixeron. Sobre todo estaban interesados en saber como se lle ocorreu a historia ao que lles explicou que a maior parte era real, unha experiencia da súa vida. 
Foi moi cercano e ameno.





mércores, 15 de marzo de 2023

 MULLERES CIENTÍFICAS

Para seguir conmemorando o día da muller na ciencia, tivemos unha xornada onde desenvolver distintos talleres, levados a cabo por 3 supermamis da clase de 1º de primaria:


Iria, mamá de Anxo, que nos ensinou os segredos da robótica.


Rebeca, mamá de Rodrigo, coa que puidemos desenvolver experimentos nun laboratorio.


Marta, a mamá de Martiño, ensinounos a ser verdadeiros médicos.


MOITAS GRAZAS AS MAMIS COLABORADORAS!!!!






 MULLERES CIENTÍFICAS

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria coñeceron de cerca o traballo que realiza 

Mª José Álvarez Álvarez,

 licenciada en física na rama de electrónica, mamá de Alexandre de 6ºB.

Ensinounos a sublimación do iodo, que o magnesio ao queimarse emite unha bola de luz...
Ademáis de outras moitas actividades interesantes que fai coas súas alumnas e alumnos da ESO, por exemplo, programar un robot ou imprimir nunha impresora 3D.
Moitas grazas!!



 MULLERES CIENTÍFICAS

Olga, mamá de Marta, y su equipo, nos enseñaron moitas cousas moi interesantes sobre as abellas.


Rebeca, mamá de Rodrigo e Nicolás, fixo con nós varios experimentos con deterxente, vinagre, colorante para ver a reacción destes produtos converténdose todo nun volcán.


Iria, mamá de Roi. É profesora no instituto de FP da Farixa e mostrounos como funciona un brazo articulado. Todo relacionado coa robótica.


Marta, nai de Martiño. É enfermeira e mostrounos como se pon unha escaiola.













luns, 13 de marzo de 2023

 PRE-MINIBASKET FEMENINO MESTRE VIDE BLANCO

Pasamos un fantástico día celebrando o Día da Muller co noso equipo feminino de Mini basket.
Explicáronnos algunhas técnicas de baloncesto e disfrutamos tamén cun mini-partido.
Despois poidemos facerlles algunhas preguntas.

 Fantásticas chicas!









mércores, 8 de marzo de 2023

 MULLERES CIENTÍFICAS

Liliana, nai de Roque Garrido, alumno de 5ºB

Mostrounos unha actividade que consistía en captar olores e tratar de identificalos.

Tamén cataron un aceite para identificar as súas características.

Unha actividade moi interesante!!







 MULLERES CIENTÍFICAS

Eugenia, nai de Alberto de 3º C e farmacéutica:
Faloounos do que facía unha farmacéutica. Ás veces prescriben medicamentos que non precisan receita, e teñen unha sala aparte na que se pode falar con elas e eles de temas de saúde, as i como que poden recomendar e axudarnos con temas leves.
Nos dixo que as medicinas tiñan que tomarse nas dosis indicadas e que as persoas maiores non lembraban tomalas ou, ás vees, tomábanas de máis...
Así que elaboramos un pastilleiro semanal para a xente maior, tal como se facía nunha farmacia.







luns, 6 de marzo de 2023

 DÍA DE ROSALÍA


Celebramos o día de Rosalía o pasado venres e cada grupo escenificou un poema relacionados coas distintas temáticas da súa obra:




Aquí te des un resumo do día 


NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA : "Rosalía e a paisaxe"


NENOS E NENAS DE 2ºDE PRIMARÍA: "Rosalia e o amor"


NENOS E NENAS DE 3º DE PRIMARIA: "Rosalía e a emigración"



NENOS E NENAS DE 4º: "Rosalía e a problemática social"



 

NENOS E NENAS DE 5º: "O feminismo na obra de Rosalía"



NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA: "O pesimismo na obra de Rosalía"

mércores, 1 de marzo de 2023

 PRESENTACIÓN DO COLE PARA O PROGRAMA ERASMUS +

Os profesores do centro que están inmersos no programa ERASMUS + realizaron esta presentación do cole e de Ourense para presentarnos no resto de Europa:





 MULLERES CIENTIFICAS

Este ano queremos unir o día da mulleres científica coa conmemoración do Día da muller.

Para esto pedimos axuda as nais, avoas, tías, amigas.... do noso alumnado e comezamos as...

I XORNADAS DA MULLER CIENTÍFICA 

A primeira muller que se ofreceu voluntaria foi:

Patricia Sánchez,  investigadora e científica da Universidade de Santiago e tía de Claudia Delgado de 5°A de infantil.

Explicounos moi ben para todos os nenos e nenas de 5° de infantil o que son as bacterias, como se poden ver e sobre todo a importancia da hixiene de mans cada vez que comemos algo.