xoves, 30 de novembro de 2023

 ROTEIRO DIDÁCTICO: Ourense básico

O alumnado de 5º percorreu a cidade visitando o casco antigo: as Burgas, Praza Maior, Catedral e Praza de Bispo Cesáreo.



mércores, 29 de novembro de 2023


EL HEMATOCRÍTICO

Queremos facer unha homenaxe a un gran escritor de libros infantís que nos deixou moi prematuramente.
Tivemos a sorte de coñecelo personalmente, xa que nos visitou o pasado ano para falarnos dos seus libros…
DEP.

luns, 27 de novembro de 2023

 

O FARO DE VIGO recolleu a noticia das charlas que impartiu a policía no noso centro sobre o uso seguro da tecnoloxía.

Moi importante seguir as indicacións que nos propuxeron.

sábado, 25 de novembro de 2023

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


Este ano, para conmemorar este día decidimos cambiarlle a letra a unha canción coñecida. 
Así nos quedou o resultado



venres, 24 de novembro de 2023

 CIBERSEGURIDADES

O venres 24 de novembro veu a policía nacional ao noso cole para explicarnos os perigos que pode ter internet. Déronos consellos para como protexernos en internet. Tamén nos  dixeron as idades mínimas para ter cada aplicación.

JERÓNIMO

ROQUE GARRIDO 6ºB






xoves, 23 de novembro de 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Hoxe na biblioteca aprendemos máis sobre a ciencia.

Primeiro, Inés Araújo, nai de Sergio, nos ensinou sobre programación ao alumnado de 5º.


Despolis, Rebeca Esteban, nai de Nicolás e de Rodrigo, fíxonos un experimento sobre densidades e aprendemos moitos nomes de utensilios que se utilizan nun laboratorio.





Moitas grazas as dúas!

mércores, 22 de novembro de 2023

 VISITA MONTEALEGRE

O alumnado de 3º visitou o botánico de Montealegre onde aprenderon moitas curiosidades sobre as plantas e as árbores. Tamén sobre plantas carnívoras que nos chamaron moito a atención

)


xoves, 16 de novembro de 2023

 XOGOS POPULARES

Hoxe, o alumnado de 4º gozou de varios xogos populares na praza de Bispo Cesáreo. 

Que ben o pasaron!



 CROSS ESCOLAR

Os días 14 e 15 de Novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º , dentro do programa XOGADE, participou na fase previa de cross en Monterrei.


Hoxe fomos no autobús ao XOGADE, que é unha carreira na que participan por cursos. O mellor foi que puidemos quentar solos e que gañaron dúas nenas do noso cole que eu coñecía.

O pasamos xenial e regresamos moi contentos todos!

VERA R.L. 5ºA


 

mércores, 1 de novembro de 2023

 SAMAÍN & HALLOWEEN

Pasámolo de medo no Samaín / Halloween no cole!
Decoramos o cole: portas, escobas, cabazas, debuxos….


 Desfrutamos dunha sesión co mago Heinrich o Feiticeiro



O cole encheuse de seres diabólicos… que medo!





 


 TERRORÍFICAS HISTORIAS

O alumnado de 2º B creou estas terroríficas historias a partir dos dados de Samaín